Bakin Blues Band no Aturuxo

Bakin Blues Band no Aturuxo

Go to tickets
Bakin Blues Band no Aturuxo

Bakin Blues Band no Aturuxo

Aturuxo Bar. Aturuxo bar, Rúa de Pazos Fontenla, Bueu, España. See map


Online sales are closed.

For more information please contact the organizer.

The organizer's data is in the "Brought to you by" section.

Description

Bakin Blues Band comeza a súa andaina como formación de blues no ano 2008. Integrada por catro músicos galegos de reputado prestixio, cunha longa tradición na interpretación de música negra e indubidable presenza en diversas formacións do panorama musical galego desde principios dos noventa.

Desde ese momento, iníciase unha ininterrompida sucesión de concertos tanto nos circuítos institucionais (Agadic) como en locais privados. Desde as salas e clubs de Santiago de Compostela (Dado Dada Jazz Club, Sala Capitol, Auditorio de Galicia) ata ampliar o seu radio de acción progresivamente ao resto de salas de Galicia e Portugal. A día de hoxe, acolle na súa breve historia actuacións no Festival BluesnoSil (Ourense), Feito a Man (Santiago) e en salas de Madrid como Sala Moe e a sede da Sociedade de Blues de Madrid.

Compartiu escenario con Marcos Coll, Xulián Freire, Bonney Fields, Tonky de la Peña, entre outros.

O que inicialmente era un cuarteto converteuse nunha auténtica banda de blues que pode presentar unha formación de septeto.​

Javier Turnes (Voz, guitarra); David “Tato” Vázquez (guitarra); David Prieto (baixo); Ale Casquero (piano); Schilberto Carvalho (saxo); Rafa Mississippi (harmónica); Pablo Bárez (batería)

Diriamos que o poderío desta formación estriba precisamente na potencia dos seus directos, cultivando unha intensa e duradeira acollida de público e fans que gozan escoitando esa enérxica mestura de blues de Chicago, soul e boogieboogie que Bakin Blues Band ofrece nos seus shows.

Actualmente, a banda traballa no seu terceiro traballo discográfico. Trátase dunha extensa recompilación dos mellores directos ao longo dos seus 10 anos ininterrompidos de carreira.

The promoter has not specified underage access policy, if you have any question please contact directly with the promoter.

Video

Share it!

Brought to you by

Aturuxo Bar

Details